Sempre que ando na bici pola zona da peregrina, gústame pasar por este cruceiro, hoxe fun sacarlle unhas fotos e mirar en que ano foi construido, cando estaba limpando a data, apareceu unha señora maior: -Sii!! eu moito non sei, pero puxérono ahí para que cando pasaban cos cadaleitos os defuntos non entraran na aldea pois é unha encrucillada de camiños e ahí aparecia(referíndose a santa compaña). tamén moitas señoras traian os seus filliños para sacarlles o mal do aire, poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, pero hai que pensar que neses tempos pasábase moita famiña.
|
1892, a data da construccion do cruceiro |
|
a señoriña marchando para a sua casa. |
encàntame falar ca xente maior, sempre producese unha dicotomia, por un lado contan estes sucesos como si non cresen neles, pero por outro cando chos están a contar, fanno como se fose cousa de tempos pasados, nada de lendas nin faladurias, cousas que pasaron na realidade pero que eles non viron. cando a escoitaba tiña moitas ganas de pedirlle si a podia grabar ca cámara, pero deume reparo, e cando a señora se despidiu saqueille a foto sen ela se decatar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario