Nas vellas terras do deza, vertebradas polo rio do mesmo nome, atópase a ponte taboada. unha vella ponte, tan vella que o seu nome deriva de pons tabulata, referíndose a unha antiga ponte de madeira que existia no lugar que hoxe ocupa esta e que nos permite pasar dunha beira a outra do rio deza. a nos e a os pelegríns que van cara a santiago, pois esta ponte e un hito no camiño do sudeste ou via da prata. vale a pena acercarse ata ela polo simple feito de que está no medio da natureza e por sorte ningunha estrada asfaltada chega ata a ponte, vamos que de sempre foi unha ponte para transeuntes e carros do pais, que cantaban por estas vellas terras do deza.!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario