No ourensá concello da pobra de trives, atópase a aldeiña de sobrado de trives, casas de boa canteiria de granito, portas e fiestras de madeira de castiñeiro, e balcóns de ferro fundido. as casas lucen engalanadas con frores e algunha parra xa que estamos nas terras altas do bibei zona de bos viños.
presidindo a aldea temos a fermosísima igrexa románica de sobrado, e como en todas estas aldeas perdidas e case sen vida, para visitala por dentro hai que perguntar a algun veciño(se atopamos algun claro, jajaja) que ten a chave para que nos abra as portas do templo.antes de partir a aventura e conseguir que nos abrisen a porta unha señora bastante amable por certo, dimos unha volta o redor da igrexa e.... chamounos moito a atención un dos canzorriños, en forma de cu, ata tiña o burato.... aqui poderiase usar a frase de que sobrado de trives está no cu do mundo......porque estar si que está, pero vale ben a pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario