viernes, 9 de noviembre de 2012

A FERVENZA DE CODESO

Na coruñesa comarca da ulla, no concello de boqueixón, na parroquia de codeso na aldea de ardesende, despois de pasar a capela que alí se atopa e enfilar por un desfiladeiro tuneado cunha longa escaleira de madeira e despois de andar un anaco por unha angosta congostra desas as que os raios do sol nunca nunca chegan....chégase a "non coñecida" fervenza de codeso, e digo non coñecida porque apenas ninguén a coñece. Nesta terra lévase moito iso, mil horreos pois toma ya,  que o único famosete é o de carnota, mil fervenzas, pois o mesmo, a do ézaro, e a do toxa en silleda, etc etc. habería que empezar a reinvidicar estes sitios que teñén moito encanto e pouca xente a visitalos, ou por outra parte casi mellor que sigan así sen tanto turisteo xa que así seguen conservado un aquel de misterio e sorpresa agradable donde menos imaxinas...........quen nos ía decir a nos os de compostela que ahí o carón en boqueixón a unhas pedaladas de bicicleta, teriamos esta fermosa fervenza choutando entre carballos!.