domingo, 26 de mayo de 2013

do cruceiro de bargo a tras das penas


<> </>

cruceiro do bargo na encrucillada de camiños
Unha tarde soleada deste pasado e a vez tan recente inverno  fixen unha saida ca bici pola zona da peregrina, sempre que vou párome a falar con alguén, e sempre remato sabendo cousas novas sobre as lendas e non tanto desta antigua zona do rural santiagués. cando estaba a limpar a data de construcción do cruceiro do bargo,  apareceu unha señora maior: -siii, eu non sei moito(contestume a miña pregunta de si sabia porque estaba ahí o cruceiro), pero puxérono aquí para que cando baixaban cos cadaleitos non se metesen os defuntos na aldea, pois e unha encrucillada  de camiños,e aqui é donde aparecía-(referindose a santa compaña)..... contábame a señoriña emocionada. -e tamén  as señoras traian os filliños e poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, para sacar o mal do aire...claro que ca fame que se pasaba neses aniños como non
 ian estar mal os nenos....quedou un anaco pensativa, como facendo un exercicio de memoria, e despois contoume que habia un veciño desa zona de aradas, que estivo todo un mes indo o montede tras das penas, pois dixeranlle que habia unha galiña que puña ovos de ouro e despois enterrabaos no chan........ -ovos que se sepa non atopu ningún pois morreu pobre o pobreciño, eso si deixou todo o monte cheo de buratos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario