sábado, 25 de mayo de 2013

a capela de san amaro de forcarei

Parafraseando a anterior entrada: no pontevedrés concello de forcarei na comarca de terra de montes, na parroquia de meabia, atópase a capela de san amaro, ademais de chamar a atención por estar en ruinas, chamaa mais por atoparnos en galicia unha igrexa así, ainss!!! que pasará con esa capela cando nin o concello nin os veciños queren saber nada dela.....é unha pena, un contenedor sin contido o carón do antigo camiño dos vreeiros que atravesaba estas terras de forcarei dende ourense a santiago para entre outras cousas traer o rico viño do ribeiro a compostela. algo curioso é que a cada lado do altar maior hai duas escaleiras de caracol, cousa curiosa que non se suele atopar nos templos galegos salvo en contadas excepcións como poden ser a catedral de santiago e sin non lembro mal, tamén na capela dos milagros de amíl, no pontevedrés concello de moraña, polo que tamén pasa o rio umia como pasa por aquí por esta capela en ruinas de san amaro!


No hay comentarios:

Publicar un comentario