Por fin, despois de varias visitas exteriores o castelo de pambre, puden coñecer o seu interior. chama a atención as casas que ten dentro do recinto, coma se fose una aldea dentro dun castelo. O castelo está en ruinas ainda que as torres seguen señoreando estas terras da sempre sorprendente comarca da ulloa. outra cousa chamativa é que o castelo está cheo de carteis avisando do perigo polo can que vixila estas nobles ruinas, e a verdade é que calqueira que fose cando o castelo estaba pechado a xente, sorprenderiase de ver sair por unha mini fiestra a grande cabeza dun can ladrando sen parar. e mais os "listos" que saltaron o muro para entrar e recibiron algún mordisco deste can tan defensor do castelo como na epoca medieval os defensores do recinto contra os ataques dos irmandiños(contase que foi a unica fortaleza de galicia que os irmandiños non puideron tomar).
No hay comentarios:
Publicar un comentario