martes, 15 de noviembre de 2011

os muiños de riamonte







No concello de ames, no val da mahia, atòpanse os muiños de riamonte, no rio do mesmo nome. estes dez muiños en ruinas menos un par deles restaurados, van subindo pouco a pouco por un val cuberto de vexetación autóctona. e como unha porta a outro tempo, tempo de muiñadas nocturnas e de festa rachada mentras se esperaba o turno para moer. arriba de todo do rio, os veciños fixeron un pozo enorme para asi ter auga e poder moer todo o ano. ainda que agora poda parecer sorprendente polos malos accesos que teñen os muiños a maioria das veces no fondo de vales polos que baixa encaixado o rio, non fai moito tempo os xovenes do rural, ian de noite de ruada, vistando os muiños para ligar cas mozas que ian a levar os sacos de grano para moer. poderiase decir que os nosos muiños eran os pubs e discotecas dun pasado non tan lonxano!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario